Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Gayoso estivo descoñecido... Ninguén ía imaxinar que unha protesta podería ser levada a cabo nun programa da Televisión de Galicia... E moito menos no Luar, un dos programas de máxima audiencia da canle. Pero basta xa... Non podiamos máis... As protestas nas rúas resultaban banais e superfluas para os de Madrid... Non nos tomaban en serio... Pero pequenas manifestacións coma esta, ían que o berro NUNCA MÁIS! fora collendo forza. Porque se non apareces na televisión, casi non existes... Agora ou saes nos mass media ou non es ningúen... Internet, a televisión, os medios impresos de relevancia... Se eles non te dan importancia, parece que non a tes... |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras